Liga Squash.Net

Detalle e inscripción de Eventos y Competiciones

II PROBA CIRCUITO BORJA GOLÁN 2024 - 2024
La inscripción ya está cerrada
25/05/2024 09:00
25/05/2024 23:59
29/04/2024 17:45
20/05/2024 23:59
Finalizado
II PROBA XII CIRCUITO GALEGO JR DE SQUASH BORJA GOLÁN 2024 CATEGORÍA SUB 19 MIXTA/ CATEGORÍA SUB 17 MIXTA/ CATEGORÍA SUB 15 MIXTA CATEGORÍA SUB 13 MIXTA/ CATEGORÍA SUB 11 MIXTA BASES: 1. A II Proba do Circuíto Galego JR de Squash Borja Golán 2024 realizarase nas instalacións municipais situadas no Estadio de Balaidos (entrada pola porta 18) en Vigo, o día 25 de maio de 2024. 2. O Circuíto estará aberto a tódolos xogadores SUB das categorías que estean en posesión de licenza autonómica da FGS para o ano 2024. 3. As probas do Circuíto xogaranse ó amparo da vixente normativa da F.G.S, terá categoría Sub. O torneo é válido para o Ránking Galego SUB. 4. As inscricións realizaranse a través da Páxina Web laligasquash.net no enlace: 5. O peche das inscricións será o luns (anterior a proba) ás 23,59 horas 6. Ó peche das inscricións, publicarase o listado provisional de inscritos. No caso de que non houbese un mínimo de 4 xogadores nalgunha categoría, uniríanse á categoría seguinte. O mércores publicarase o listado definitivo de inscritos e os cadros provisionais. O xoves publicaranse os cadros definitivos. 7. A inscrición será de 10€ por proba. Con cada inscrición darase un bola Dunlop Revelation Pro XX (doble punto amarelo), ou outro detalle. 8. En Vigo O pago realizarase nas instalación antes do primer partido. En Lugo e Santiago o pago realizarase por transferencia bancaria. O xustificante bancario será enviado por email a : info@fgsquash.org antes do mércores, anterior a proba, ás 11h, de non ser así a inscrición no terá validez. Número de conta: BANCO SANTANDER ES90 0049 0939 6421 1019 2402 9. Cada xogador só poderá inscribirse nunha categoría en cada torneo. No caso de cumprir anos, (que provocasen un cambio de categoría) despois da primeira proba o xogador poderá rematar o circuíto, na categoría na que empezou. 10. As probas realizaranse en Vigo, Lugo e Santiago de Compostela. 11. A bola oficial do campionato será a Dunlop Revelation Pro XX (dobre punto amarelo). 12. Aplicarase riguroso W.O., unha vez transcurridos 15 minutos da hora fixada para o comezo do partido, segundo normativa vixente. Os xogadores deben de coñecer os horarios de xogo. Xogaranse tódolos postos en tódalas categorías. 13. As decisións do Xuíz- Árbitro de cada torneo serán inapelables. Os xogadores deberán de estar dispostos a arbitrar, cando o xuíz-árbitro así llelo indique. 14. Na primeira proba os cabezas de serie virán marcados polos Ránkings Galegos Sub publicados na data final da inscrición. Será o Xuiz árbitro, quen decida as posición dos cabezas de serie, en función as súas posicións nos Ránkins ,Masculino e Feminino, o ser éste un torneo mixto. No caso dos Cabezas de serie. Despois desta primeira proba, publicarase o Ránking propio de Circuíto que marcará os cabezas de serie nas seguintes probas. Os gañadores do circuíto, virán marcados pola súa clasificación neste Ránking. En caso de empate a puntos entre varios xogadores na clasificación final do Circuíto, a proba disputada en Santiago terá dobre puntuación. No caso de que os dous primeiros clasificados sexan do mesmo sexo, terá premio, ademáis, o primer clasificado do sexo contrario. 15. O finalizar o circuito (o día 21 de decembro de 2024) en Santiago farase a entrega de premios e un sorteo de agasallos entre tódolos participantes. O CALENDARIO DE PROBAS SERÁ O SEGUINTE: - SÁBADO 27 ABRIL 2024 en VIGO- VIGO SQUASH - SÁBADO 25 MAIO 2024 en VIGO- CÍES SQUASH - SÁBADO 16 NOVEMBRO 2024 LUGO – SQUASH MONSTRUIÑOS LUGO - SÁBADO 21 DECEMBRO 2024 en SANTIAGO DE COMPOSTELA- SQUASH CLUB SANTIAGO **** A inscrición ao presente Campionato leva implícita a cesión dos dereitos de imaxe para todo o relacionado con este evento deportivo. Todos os eventos do Calendario da Federación Galega de Squash son considerados públicos e polo tanto os datos dos deportistas/ participantes son notorios, de proxección pública, moi especialmente cando se obteña podio ou recoñecemento deportivo e social, e polo tanto son datos onde predomina o interese histórico e deportivo da FGS, celebrado en lugares abertos ao público. Así será de aplicación o artigo da Ley Orgánica 1/1982, de 5 de maio, e o uso das imaxes queda públicamente aceptado e autorizado, rexeitando o dereito fundamental ao honor, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe. No caso de non desexar ou outorgar o seu consentimiento para o tratamento dos datos anteriormente citados, o deportista non poderá participar no evento deportivo DE NINGÚN MODO mesmo aínda que teña realizada e formalizada a súa inscrición. Aínda así, no caso de que estea no lugar do evento aberto ao público, mesmo sen participar, e a súa imaxe fose captada de forma accidental, será de aplicación o artigo 8-c da Lei Orgánica1/1982 como imaxe simplemente accesoria e poderá ser reproducida sen o seu consentimento, segundo o citado artigo legal.

No se han encontrado normativas asociadas

Mixta Sub 15 (8)
Sub 13 Mixta (6)
Sub 19 Mixta (7)
 

: Selecciona los jugadores y el número de juegos